Mostrando entradas con la etiqueta Pop. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pop. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de abril de 2017

Magical Colors - Magical Colors EP (2017)


Magical Colors - Magical Colors EP (2017).rar

1. All I can need
2. Otra manera

Titulo: Magical colors
 Autor: Magical colors
Ano: 2017
Estilo: Pop
EP/LP: EP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 26,3 Mb

No ano 2015, durante un parón da banda Moondogs Blues Party, tres dos seus compoñentes, Iria (baixo), Marcos (teclados) e Javi (guitarra) empezan a quedar regularmente para tocar cancións que lles gustan e improvisar sobre elas. Para completar o grupo, incorporan a Alberto (batería) e o que empezan sendo unhas versións para pasalo ben desemboca na creación de temas propios e a idea de formalizar o nacemento da banda. O estilo musical de Magical Colors parte do rock e folk norteamericanos, aderezado con atmosferas psicodélicas para buscar unha liberdade creativa e interpretativa ao máis puro estilo dos anos 60, que convirta cada directo nunha experiencia diferente, filosofía similar á de bandas como Grateful Dead, Phish ou Chris Robinson Brotherhood. Ademais fuxindo de barreiras idiomáticas compoñen letras tanto en inglés como en español e galego. 

FORMACIÓN:
 Alberto Guntín Silva (batería e coros)
Iria Noa López Novo (baixo e coros)
 Marcos Maoxu Quintela (teclados)
 Javier Corral Campello (guitarra e voz) 

viernes, 7 de octubre de 2016

Sr. Anido & Sra. Álvarez - 18



1. Mimatis mones ti mi
2. Negro teenager
3. It came from outer space IV
4. Marciano Balboa
5. Chavala Uzalma
6. Cara oculta
7. Emocion Caballera
8. Jander Krishna
9. Buraco Negro

Titulo: 18
Autor:  Sr. Anido & Sra. Álvarez
Ano: 2016
Estilo: Pop
EP/LP: LP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 73, 9 Mb

18 é un disco único, improbábel. Da colaboración de catro anos entre as personalidades irrepetíbeis de Sr. Anido y Sra. Álvarez saiu unha obra emocionantisima, mais cun rango de emocións moito máis amplo do habitual. Ao longo dos nove temas hai momentos dramáticos que poñen os pelos coma escarpias, momentos de diversión dende o humor absurdo, excitación bailonga, reflexión mística e lúcidos comentarios sociais. Todo encadrado nunha música que celebra a imaxinación sen ningún complexo estilístico: o mesmo recolle a influencia de spacemen 3 que adianta pola esquerda a Radiohead no uso de texturas electrónicas ou pon música a unha película de Akira Kurosawa. 

A impresión ao escoitar o disco e observar nas tuas mans o deseño é asistir á creación dun universo propio. Flota no ambiente unha preocupación polo lado perverso da sociedade. As cancións están cheas de personaxes que sofren (o extraterrestre de “It came from outer space”, expulsado polos humanos que non toleran a diferencia; o boxeador de “Marciano Balboa”) e ameazas ineludíbeis (“Buraco negro”). A voz de Sr.Anido sofre con eles, adoptando mil rexistros diferentes, mais é tamén capaz de transmitir beleza, humor e luminosidade como para compensar a dor. Non hai cinismo nen distancia irónica diante do que se relata, como foi sempre habitual nas gravacións anteriores de Anido. Mais os recursos inagotábeis dos dous músicos (a lista de aparatos que utiliza Sra. Álvarez ocupa tres liñas) permiten aquí que todas esas sensacións sexan traducidas nun son tremendamente orixinal. Está perto de moitas cousas (o surf, Suicide, cualquera forma de mantra) e lonxe de todas. Pola variedade conceptual, pola orixinalidade da instrumentación e pola lucidez absoluta que transmite, 18 é, efectivamente, un disco improbábel. E por iso mesmo é un disco necesario.

jueves, 31 de marzo de 2016

Samu Acaracan - Tintafemia (2016)



1.Vidas Malgastadas
2. Nostalxias
3. Jarrulo Man
4. Relaxing Cup
5.Marcial
6. Alboio sen ascensor
7. Poema para Xan Camiños
8. Cuando todo va mal
9. As Mareas máis longas
10. Tal vez asistirei
11. Pedras contra outros tellados
12. Anarcomuiñeira
13. Noite Acarán
14. Tintafemia

Titulo: Tintafemia
Autor: Samu Acaran
Ano: 2016
Estilo: Pop
EP/LP: LP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 43 Mb

Samu acaracán e un cantautor morracense que comeza a sua andaina no ano 2010, indo polos furanchos da parroquia e facendo cancións sobre os persoeiros mais populares da comarca e outros temas que lle ian surxindo tanto en ton humorístico ,como mais serios . A idea e as temáticas tiveron tanta aceptación popular , que samu acaracán dedicouse a percorrer bares , festas e algun festi co seu espectaculo .


jueves, 27 de noviembre de 2014

The Homens - Un (2005)



01 Tonino
02 Malta
03 Face it
04 Acrobacias
05 Desaparece
06 Longtime

Titulo: Un
Autor: The Homens
Ano: 2005
Estilo: Pop
EP/LP: EP
Audio: 192 KBps
Tamaño arquivo:  21 Mb


Melodia, enerxia e actitude, esas son as consignas que fixeron de The Homens, unha das bandas referencia da escea galega. E mentres agardamos a que volvan do seu "paron" podemos seguir desfrutando dos seus traballos.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

xo - Máquina de intemperies (2014)



1. Hotel Guantanamor 
2. A soidade do corredor de bolsa 
3. Roda hidráulica da infamia
4. No ermo 
5. Máquina de intemperies 
6. Outra vaca no millo 
7. S.Ó.S. 
8. Tectónica de placas 
9. Balea 52 
10. O poder do establecido 

Titulo: Máquina de Intemperies 
Autor: Xo
Ano: 2014
Estilo: Pop
Ep/LP: LP
Audio: 256 Kbps
Tamaño Arquivo: 93,3 Mb

No ano 2008 estoura a penúltima crise do noso Estado Anímico de Benestar sen Estarmos Ben ou, mellor dito, de Estarmos Ben Mal. Fóra todo está ben peor... e sabémolo. Pero a intemperie está a tornar intimidade. A soidade, carnación.

Vivimos en falocracia e botámoslle a culpa ao útero, non á semente. Pero a tramoia derrúbase e fica o esquelete nú. Ficamos sós fronte ao espello do camerino, batemos co ceo de cartón do horizonte como Truman no seu show.
Comparecemos perante nós mesmos, perante o baleiro e as horas do día. Esfarelamos a nosa mentira.

Este disco é a banda sonora dun paro hiperactivo de longa duración.
Un resistirse ao desafiuzamento, á fuga do cerebro.
Un ataque directo ao núcleo desta industria de morte.

Un berro de carraxe perfectamente ubicado.
Un acto de amor fóra de lugar.

miércoles, 13 de agosto de 2014

The Homens - Tres (2007)



1 Calamar
2 Cen días
3 Mr. Vai Mal
4 Monumentos
5 Mira por ti
6 Opositora
7 Monte Moriah
8 A bolsa de Tokio
9 Dance the troita
10 La Colombière
11 Prende o sol

Titulo: Tres
Autor: The Homens
Estilo: Pop
Ano: 2007
EP/LP: LP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 50,3 Mb

Melodia, enerxia e actitude, esas son as consignas que fixeron de The Homens, unha das bandas referencia da escea galega. E mentres agardamos a que volvan do seu "paron" podemos seguir desfrutando dos seus traballos.


jueves, 5 de junio de 2014

Xo - Desterro (2014)


  1.  Africa
  2. Chapada Diamantina
  3.  Mar de Aral
  4. Varanasi
  5.  Angkor War
  6. Bósforo
  7. 22:22
  8. Mama Pacha Changa
  9. Ushuaia
Titulo: Desterro
Autor: Xo
Ano: 2014
Estilo. Pop
EP/LP: LP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 103 Mb


Idas e vidas... 


Velaquí o caderno de bitácora da longa andaina que fixen coa miña compañeira en 2011, da que nunca regresei. Anque traspapeladas, as páxinas sonoras deste diario abeiran momentos e lugares inesquecibles desa aventura. 
A cartografía dun extravío, dun desterro, dun mundo alleo sospeitosamente familiar. 

Eis a banda sonora da clase turista, do autoestopista dixital. 
Un mal viaxe polas cunetas do imperio. 

A mellor experiencia das nosas vidas.

jueves, 29 de mayo de 2014

Xo - Diccionario de silencios (2014)



  1. Crisalides
  2. Entropia
  3. Tango dos hipocampos
  4. Tics
  5. Nanook
  6. Intrusion
  7. Cabo Cañaveral
  8. Diccionario de silencios
  9. Perseidas
  10. Final
Titulo: Diccionario de Silencios
Autor: Xo
Ano: 2014
Estilo: Rock
EP/LP: LP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 92,2 Mb


Ás veces é mellor calar... 

a canción aínda non o sabe.


XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.
XO é o espazo entre dous arres.
XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.
XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.
Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos

jueves, 3 de abril de 2014

X.M.Lago & os falsos Profetas - Dependencia (2013)



  1. Dependencia
  2. Utopia
  3. Ante ti
  4. Engaañr los dias 
  5. Rios da vida
  6. Anormal
  7. Gracias a la vida
Titulo: Dependencia
Autor:  X.M.Lago & os falsos Profetas
Ano: 2013
Estilo: Pop
EP/LP: LP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 63,7 Mb

X.M. LAGO & OS FALSOS PROFETAS son unha banda de pop independiente que se forma a principios do 2012 coa idea de musicar e gravar cancións do cantautor de Negreira (A Coruña), X.M. Lago. No verán do 2013 gravan o seu primeiro disco "Dependencia" en A Ponte Estudio, con Tomás Ageitos ós controis e encargándose das mesturas e da masterización.

A súa opera prima consta de sete cancións, cinco delas en galego, unha versión de Violeta Parra "Gracias a la vida" e un poema musicado de Rosalía de Castro, "Ríos da vida".
En marzo do 2014, a través de Bandcamp, difunden o seu traballo na rede. O 23 de ese mismo mes estrean en directo "Dependencia" con boa acollida.
X.M. LAGO & OS FALSOS PROFETAS son unha banda normal pero estraña, en constante loita entre a luz e a escuridade. Móvense en terreo de ninguén e cada composición sendo semellante e moi diferente, abarcando diferentes estilos nun só: o seu propio. Arranxos clásicos, ecos do punk, pinceladas de Garaxe, inmersións no folk americano, pop naíf, achegamento á poesía... todo conflúe en "Dependencia", un disco aparentemente sinxelo onde predominan as melodías vocais, unha base rítmica poderosa e uns teclados e pianos onde se asenta a estrutura do álbum.

Os membros da banda son:

X.M. Lago: voz e guitarra.
Yolanda Nuñez: voz, teclados e piano.
Toño Teiga: baixo.
Juan Silva: batería.

jueves, 6 de febrero de 2014

Franc3s - Franc3s (2008)


  1.  Al son obsesivo de los tamboriles estáticos de la demolición
  2. Me gustaría verte sangrar
  3. Como dos cachorritas entre lobos
  4. Pareja cósmica
  5. Devuélveme los estómagos que te regalé
  6. Ultimo intento
  7. Invasión
  8. Manual práctico para realizar una autocesárea
  9. Asomé la cabeza
  10. Sin proyección
Titulo: Franc3s
Autor: Franc3s
Ano: 2008
Estilo: Pop
EP/LP: LP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 41,6 Mb

Franc3s soan coma "Mars facendo unha versión de Silver Apples unha noite de treboada nun pub á beira do mar Imbrium onde hai colgadas pinturas de Rauschenberg e DJ King Buzzo pincha a The Shaggs sen parar mentres que nunha pantalla poñen a película The devil and Daniel Johnston e Man Ray cunha camisola de Suicide saca fotos do público asistente entre o que se atopan The Jesus and Mary Chain tocando cancións de Devo e Chris Marker pedindo licor café a unha camareira travesti que se fai chamar Divine e que leva chapas de Ooioo e de Einstürzenden Neubauten e os atende sen deixar de ler unha biografía breve de Joy Division escrita por William Burroughs e ilustrada por Robert Crumb".

jueves, 27 de diciembre de 2012

Vicky Polard - 42 (2012)



  1. Introsuccion
  2. S.E.N.O 1975
  3. Lugar mellor
  4. Icaro
  5. Vencido
  6. Exodo
  7. Hacendado
  8. Sen Titulo 2
  9. Apocalipse nao
Titulo: 42 
Autor: Vicky Polard
Ano: 2012
Estilo: Pop
EP/LP: LP
Audio: 320 Kbps
Tamaño arquivo: 69,9 Mb

Vicky Polard nace en outubro de 2010 cando dous rapaces se reencontran inesperadamente nun festival de música independente en Trazo despois de moitos anos. 
Na mesma noite deixan ver que os seus gustos musicais son similares e deciden comezar a ensaiar no conservatorio de Santiago. Máis tarde entra un baixista no grupo (Fiz García) e comezan a ensaiar de xeito regular. 
Barallan a posibilidade de incluir outra guitarra que lle daría potencia e achegaría novos sons á xa formada banda (Carlos Gómez). Quedando así o grupo completo: Xulián Sambade guitarra e voz, Afonso Traficante batería, Fiz García baixo e Carlos Gómez guitarra

No 2012 sacan o seu primeiro LP co nome de 42. Con este traballo tratamos de aportar algo novo na escea musical galega e facer todo o posible por mostrar as ilimitadas posibilidades da nosa língua para crear algo orixinal.

Contacto: 
vickypolardband@gmail.com

jueves, 13 de septiembre de 2012

Alberto Cancela - Un dia na miña casa (2011)


  1. Falta de durmir
  2. Esperarei
  3. Amencer só
  4. Saxos
  5. As ovellas pacen tranquilas
  6. En só 2 anos
  7. Estrelas de dia
  8. Aira, Historia traxica
  9. Frenesí
  10. A 20-7
  11. Deixate levar
  12. Longa noite
  13. Para que preguntas
  14. Que podo facer
  15. Solo podo pararme a escoitar
  16. Unha porta
  17. Dicotomia
Titulo: Un dia na miña Casa
Autor: Alberto Cancela 
Ano: 2011
Estilo: Pop
EP/LP: LP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo:  95,7 Mb

Alberto Cancela natural de A Baña na provincia de A Coruña, un gran apaixoado da música que xa dende moi pequeno, con a penas 6 anos, comeza a tocar o Saxo aínda que pouco a pouco interesase por outros instrumentos como a guitarra, o baixo, a batería… no ano 2009 decide converter un cuarto da súa casa nun pequeno estudio onde poder tocar e gravar os seus propios temas, así aparece “Un Día Na Miña Casa”, un disco gravado e editado por el mesmo que conta con unha serie de colaboracións como Mónica Amarelle aos coros, Mario Sieira a guitarra, Sergio Antelo a voz e guitarra, Ana Lozano ao piano e Juan Silva a batería.



jueves, 7 de junio de 2012

Camarada Nimoy - Camarada Nimoy (2012)


  1. Tacoma Bridge
  2.  Teleférico
  3. Espia 2.0
  4. Interferencias no microondas
Nome: Camarada Nimoy
Autor: Camarada Nimoy 
Ano: 2012
Estilo: Pop
EP/LP: LP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 29,2 Mb 

Camarada Nimoy non son unha banda de surf nin de swing nin de jazz. Pero gustan de todos e cada un deses xéneros. Tampouco os seus membros son uns fanáticos trekkies de orellas en punta, pero están fascinados pola vasta multitarefa musical e poética de Leonard Nimoy, maiormente coñecido polo seu papel de Dr. Spock en Star Trek.

Camarada Nimoy é a reunión de catro músicos cun obxectivo: levantar unha proposta propia que se alimenta da música lounge pero tamén do surf terror. Nalgun momento, Mancini; a seguir, Man or Astroman?. Sen poñer cotos ás posibilidades sonoras, pero coa idea de seren recoñecibles.

O grupo está formado por Pablo Muñiz (Transilvanians, Foggy Mental Breakdown) ao baixo, Gontxu Muiños (Skacha, Keltoi) a guitarra electrica, Diego de Luis (To Nowhere, Foggy Mental Breakdown), batería, e Paulo Pascual (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma) a guitarra eléctrica e o theremin.

Lanzada por músicos procedentes de grupos máis escorados cara o rock, a proposta de Camarada Nimoy extrae deles outra experiencia. Unha estrutura dos temas tan peculiar como traballada e o uso da electrónica danlle un carácter diferenciado ao son da banda.

Aviso! Camarada Nimoy é un grupo instrumental ao que lle gusta moito o cine. Camarada Nimoy soa a banda sonora e o seu espectáculo medra coas imaxes que o grupo subministra ao público.

lunes, 14 de mayo de 2012

Doctor Migraña - Doctor Migraña (2012)


Doctor Migraña - Doctor Migraña (2012).rar

1. Resaka Blues 
2. Tus Morros
3. Lobisome
4. Bad Things
5. A Todo Gas
6. Apaguen las luces

Titulo: Doctor Migraña
Autor: Doctor Migraña
Ano: 2012
Estilo: Pop
EP/LP: EP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 39 Mb

Despois dunha noite tola, ven unha mañá de loucura. Xa o dicía a miña nai:
- Hoxe non é onte, eh, meu fillo!

Unha mañá de Resaka, con "K", despois de abrir un ollo e despegar os beizos, os meus dedos deslizáronse por Flaca, a miña guitarra, intentando atopar algo para afastar esa terríbel xaqueca, ...., e que saíu?, Pois unha oda á resaca en clave de blues: Resaka Blues, o primeiro tema de Dr. Migraña.

Quasi-orgullo de tal composición, decidín colgala en internet. Para isto tiven que buscar un nome, mellor un pseudónimo, un álter ego, unha personaxe, algo que nunca serei... DOCTOR, pero que teña que ver comigo... MIGRAÑA. Así naceu: DOCTOR MIGRAÑA.

lunes, 27 de febrero de 2012

La Senda - Far West (2011)


La Senda - Far West (2011).rar
  1. Far West
  2. Años 20
  3. Pasos Perdidos
  4. For me you are mine
  5. Sol de Julio
Titulo: Far West
Autor: La Senda
Ano: 2011
Estilo: Pop
EP/LP: EP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 42,7 Mb

La Senda empezou a súa andaina no ano 2006 na cidade de Zaragoza, da man de seis mozos amantes da música e con ganas de involucrarse nalgo novo. Co apoio dun axudante dun profesor de música estes seis mozos se xuntaron para, nun primeiro momento, versionar temas de grupos que lles gustaban e dar algún que outro concerto. Coma todos os grupos tiveron as súas saídas e entradas até atopar unha certa estabilidade e coa cal tamén comezaron a compoñer os seus primeiros temas propios para gravar en novembro de 2011 o que é a súa primeira maqueta "FAR WEST".

MEMBROS
Juan (guitarra/voz)
Aitor (guitarra)
Pablo (batería)
Quique (Saxo)
Marco (baixo)


WEBS
http://www.myspace.com/lasendazgz
http://www.jamendo.com/es/artist/La_Senda

mail: lasenda@live.com.ar


miércoles, 4 de mayo de 2011

Septi – Magnetic EP (2008)



Septi – Magnetic EP (2008).rar

01 - La desamortizacion de Mendizabal

02 – Fripp


Titulo: Magnetic EP

Autor: Septi

Ano: 2008

Estilo: Pop

EP/LP: EP

Audio: 160 Kbps

Tamaño Arquivo: 4,45 Mb


Non hai moito que contar. Son simplemente un guitarrista autodidacta que lle gusta tocar calquer cousa con cordas.

Na actualidade toco: guitarra española, acústica, eléctrica, baixo eléctrico, steel guitar e ukelele.

En canto os temas do ep, están grabados por min co meu ordenador. Non dispoño de coñecementos de grabación/edición pero voume apañando.

La desamortización de mendizábal está grabada con guitarra española e ten inspiración folk.

En canto a Fripp é máis de tipo ambiental. Ten unha base electrónica e una guitarra atmosférica.

Ambos temas están grabados nunha sola toma, sen cortes nen edicións


contacto:

septien@gmail.com



lunes, 12 de julio de 2010

Baldosa Amarilla - Alquimia (2009)

Baldosa Amarilla - Alquimia (2009).rar

  1. Carne de Can
  2. Corrientes Profundas
  3. El viento y la distancia
  4. Por si eres lluvia
  5. Salto Mortal
  6. Septiembre
Titulo: Alquimia
Autor: Baldosa Amarilla
Ano: 2009
EP/LP: EP
Estilo: Pop
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 20 Mb

Baldosa Amarilla nace en O Porriño, facendo Pop Rock Alternativo con letras en castelan.
Alquimia é o seu segundo traballo autoproducido, tras Palabra Exacta (2007), Alquimia grabado o longo de 2009 en Oceano Estudios, En este traballo mostran a evolucion de un conxunto que continua madurando, intentando abrirse a un publico maior.

Membros:
Frus (Voz)
Jose Núñez (Guitarra)
Iago Bastos (Guitarra)
Gatsby (Guitarra y Coros)
Alex Crende (Bajo y Coros)
Moses (Batería)

Contacto:
www.myspace.com/baldosaamarilla

viernes, 21 de mayo de 2010

Sleeping cat - The first EP(2010)


Sleeping cat - The first EP(2010).rar

1.- Happy World.

2.- I'll be ready (con Rubén de Maryland).

3.- The fool on the hill again.

4.- the story of banished moon (con ramón de Aló Django)

5.- Song for John.

Titulo: The first EP
Autor: Sleeping cat
Ano: 2010
Estilo: Pop
EP/LP: EP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 42,6 Mb

Sleeping cat é o alter ego de Jerry Noia, ven sendo un proxecto en solitario no estricto senso da palabra, tanto na súa creación como nos directos.

Jerry leva unha dilatada traxectoria que se forxa en diversas formacións de estilos moi variados: Alta Fercuencia, Fica Embora, Driade, Supersound, e colaboracións con varios grupos, como músico de escena.

Actualmente forma parte do coro da Rá ( Santiago de Compostela ) e colabora como teclista para o grupo de Noia: Strabismo.

Acaba de sacar o seu primeiro EP en solitario, baixo o nome de Sleeping cat, un traballo con tintes Folk americano que acaba soando moi británico ( segundo nos conta, os Beatles teñen o 90 % de culpa ).

Está rematando os preparativos para actuar en directo, mentres tanto podedes descargar o EP e descubrir a súa música.

Contacto e contratacion:

www.myspace.com/sleepingcatspace
www.reverbnation.com/sleepingcatspace
Jerry : 657820414
Sleepingcat.jerry@gmail.com