- Tacoma Bridge
- Teleférico
- Espia 2.0
- Interferencias no microondas
Nome: Camarada Nimoy
Autor: Camarada Nimoy
Ano: 2012
Estilo: Pop
EP/LP: LP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 29,2 Mb
Camarada
Nimoy non son unha banda de surf nin de swing nin de jazz. Pero gustan
de todos e cada un deses xéneros. Tampouco os seus membros son uns
fanáticos trekkies de orellas en punta, pero están fascinados pola vasta
multitarefa musical e poética de Leonard Nimoy, maiormente coñecido
polo seu papel de Dr. Spock en Star Trek.
Camarada Nimoy é a reunión de catro músicos cun obxectivo: levantar unha proposta propia que se alimenta da música lounge pero tamén do surf terror. Nalgun momento, Mancini; a seguir, Man or Astroman?. Sen poñer cotos ás posibilidades sonoras, pero coa idea de seren recoñecibles.
O grupo está formado por Pablo Muñiz (Transilvanians, Foggy Mental Breakdown) ao baixo, Gontxu Muiños (Skacha, Keltoi) a guitarra electrica, Diego de Luis (To Nowhere, Foggy Mental Breakdown), batería, e Paulo Pascual (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma) a guitarra eléctrica e o theremin.
Lanzada por músicos procedentes de grupos máis escorados cara o rock, a proposta de Camarada Nimoy extrae deles outra experiencia. Unha estrutura dos temas tan peculiar como traballada e o uso da electrónica danlle un carácter diferenciado ao son da banda.
Aviso! Camarada Nimoy é un grupo instrumental ao que lle gusta moito o cine. Camarada Nimoy soa a banda sonora e o seu espectáculo medra coas imaxes que o grupo subministra ao público.

No hay comentarios:
Publicar un comentario