jueves, 3 de abril de 2014

X.M.Lago & os falsos Profetas - Dependencia (2013)



  1. Dependencia
  2. Utopia
  3. Ante ti
  4. Engaañr los dias 
  5. Rios da vida
  6. Anormal
  7. Gracias a la vida
Titulo: Dependencia
Autor:  X.M.Lago & os falsos Profetas
Ano: 2013
Estilo: Pop
EP/LP: LP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 63,7 Mb

X.M. LAGO & OS FALSOS PROFETAS son unha banda de pop independiente que se forma a principios do 2012 coa idea de musicar e gravar cancións do cantautor de Negreira (A Coruña), X.M. Lago. No verán do 2013 gravan o seu primeiro disco "Dependencia" en A Ponte Estudio, con Tomás Ageitos ós controis e encargándose das mesturas e da masterización.

A súa opera prima consta de sete cancións, cinco delas en galego, unha versión de Violeta Parra "Gracias a la vida" e un poema musicado de Rosalía de Castro, "Ríos da vida".
En marzo do 2014, a través de Bandcamp, difunden o seu traballo na rede. O 23 de ese mismo mes estrean en directo "Dependencia" con boa acollida.
X.M. LAGO & OS FALSOS PROFETAS son unha banda normal pero estraña, en constante loita entre a luz e a escuridade. Móvense en terreo de ninguén e cada composición sendo semellante e moi diferente, abarcando diferentes estilos nun só: o seu propio. Arranxos clásicos, ecos do punk, pinceladas de Garaxe, inmersións no folk americano, pop naíf, achegamento á poesía... todo conflúe en "Dependencia", un disco aparentemente sinxelo onde predominan as melodías vocais, unha base rítmica poderosa e uns teclados e pianos onde se asenta a estrutura do álbum.

Os membros da banda son:

X.M. Lago: voz e guitarra.
Yolanda Nuñez: voz, teclados e piano.
Toño Teiga: baixo.
Juan Silva: batería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario