1.- New Funktastik Free!
2.- Rugiendo
3.- Tango Eléctrico
4.- Non Teño Tempo
5.- Alarma
6.- La Situación
7.- Por Ahora nada
8.- Pan y Circo
9.- Mucha Mierda
10.- La Desesperación
11.- Padre
12.- Por Ahora Nada II
13.- Fray Joe
Titulo: Pan e Circo
Autor: Semos Peligrosos
Ano: 2012
Estilo: Rock
EP/LP: LP
Tamaño Arquivo: 60,3 Mb
Audio: 192 Kbps
Semos Peligrosos é un grupo de música nado no barrio de Vistalegre, en Santiago de Compostela alá por Setembro de 1993. Lolo Arincón, Mitxel Álvarez, Oscar Andrés Díaz, e asi ate 23 membros foron pasando polas súas filas, nas que inda permanecen os dous primeiros; Influenciados pola movida Viguesa e Madrileña naceron con esa predilección polo rock nacional dos oitenta, co que chegaron a telonear a Ska-P ou Seguridade Social ante máis de 5.000 personas.
Pero vinte son moitos anos como para non evoluir, e máis co paso de tantos músicos polas súas filas, asi que o que o ouvinte vai a atopar en "Pan e Circo" é un conxunto de cancións que comparten o vínculo común de poder ser considerada música intensa, pero que abrangue dende o Funky de New Funktastik Free ao Hard Rock de "Rugiendo", homenaxe ao bar TNT de Santiago de Compostela, pasando polo "Tango Eléctrico", a Fermosa "Por Ahora Nada" ou a Metalera "Alarma", a Progresiva "Mucha Mierda" ou o Poema de Espronceda "La Desesperación" declamado sobre unha base de electrónica que conforma unha peza ben curiosa e lograda. O disco remata coa marca da casa do grupo, como non podía ser de outra forma, cuha canción irreverente e de protesta. Para eso son os Semos Peligrosos!! e que neste o seu Séptimo Traballo fala, coa colaboración de Bocixa de Zenzar, Mario de In Vivo, Ruben e Adrián de Skarmento, Manolo de Los puta, Carlos da Likor Café rock Band e como non, de Luko de Pito de Pikasso, da campaña política falaz de desgaste da imaxe dos outros candidatos que realizou o equipo do actual presidente de goberno para acadar a maioría electa. Tamén participaron no disco os Metáis de Martiño Dominguez, de a Magnifique Band dos homes sen Medo, Victor Bronkas de Primitive e desbrozadora, Brais, Violinista de Som Do Galpom ou Piti Sanz, guitarrista xunto a Luis Tosar en Di Elas.
O Disco foi íntegramente grabado e producido por eles mesmos en Xonix Records, donde o podedes adquirir si vos gustou e queredes ter unha copia física ( por só 5€!!!) e mezclado por Diego Lopez, técnico de sonido en Pousada Son Estudios. Un traballo "Self Made" de principio a fin dun dos poucos grupo da Resistencia Rockeira Compostelana con 20 anos nas costas. Espero que vos guste tanto como a nós! de seguro que non vos defrauda.
Contacto:
No hay comentarios:
Publicar un comentario