jueves, 20 de diciembre de 2012

Familia Caamagno - Cantan polo Nadal! (2012)


  1. Panxoligna de amor R5
  2. Bule, Bule Rudolph!
Titulo: Cantan polo Nadal!
Autor: Familia Caamagno
Ano: 2012
Estilo: Rock
EP/LP: EP 
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 18,4 Mb
 
Como bos amantes da música popular do século pasado a Familia Caamagno edita en Decembro do 2012 o sinxelo "Cantan polo Nadal!". Pretenden sumarse, polo tanto, a esa clásica tradición do rock’n’roll de publicar pegañentas melodías de Nadal que artistas tan dispares como Little Richard, os Ramones ou Geordie Dann antes perpetraron.
Dende o sentido do humor e o escepticismo que merece esta amorosa época do ano, a Familia aporta dous temas a esta colección de cancións de Nadal: A composición propia “Panxoligna de amor R5” e a adaptación do clásico do mestre de mestres Chuck Berry, “Run Rudolph, Run”, desta volta bautizado como “Bule, bule Rudolph!”.
A gravación destes dous temas foi rexistrada ao vivo, como acostuman gravar os Caamagno, o 1 de Decembro do 2012 por Tomás Ageitos e a masterización correu a cargo do Doutor Chou."
Familia Caamagno son:
Toni Caamagno - Batería e coros.
Lano Caamagno - Guitarra baixa.
Francesco Caamagno - Guitarra de ritmo e coros.
Jess Caamagno - Guitarra de punteo.
Manuele Caamagno - voz e saxofón.
Contratación e extorsión:
629 041 750
familiacaamagno@gmail.com
http://familiacaamagno.bandcamp.com
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario