domingo, 2 de septiembre de 2012

Samuel L. Paris - Manual da destrución (2008)

(pincha pra baixar o e-book)


os bicos non son nada. réndeste ao sexo solitario. na economía como na vida nunca serás ninguén. as mulleres poñen maquillaxe. os homes esbardallan. os nenos engánchanse ao que sexa. os vellos critican todo iso e apestan a vello. vomitar non engana nunca.
en todas as canles botan o mesmo. case toda a xente é racista. se tes cona é probable que sexas machista ou que defendas un feminismo de pastel. só deberiamos ter dous pares de zapatos
os nenos son parvos dende que son nenos. o cinema é máis noxento que a vida. esperar é un incentivo para suicidarse. a meteoroloxía non se aproxima. os deuses para os mortos e os parvos. crede en vós mortos. bebede de todo a todas horas. renunciade aos grandes éxitos da industria musical. regalade anacos da vosa propia pel. renuncia ao bo. méxate enriba.
lambe o máis sagrado que teñas e mata o mito sempre.
no lugar de fillos teremos crías de araña. falaremos en balde. a uralita ten que voltar. aburrámonos todos xuntos. miremos raro ás vellas. as miradas son himnos apátridas. ponte a mesa a ti mesmo para ti. arrincaremos todos os botóns vermellos. depilaremos os dentes. a túa canción preferida non debería ser unha puta balada.
renuncia a triunfar. pídelle un autógrafo a un terrorista. organiza o teu propio paraíso fiscal. vende camisetas con fotos do teu ano. finxe o teu nacemento. amamantar un rinoceronte será místico. busca o teu metro cadrado amarelo. emborráchate e enorgullécete. dille o que pensas e arrepíntete.
casa só coa quinta persoa que cho pida pero abandónaa ao cuarto de hora. as venéreas van ben. queremos un sagrario con ollos de bispos. ninguén é o noso dono. morde eucaliptos. a kale borroka ilumina a noite escura. grampa as orellas ao maxilar inferior. fidel castro chegou a ser máis vello que hitler.
rompe co teu mozo con rimas. escaiola a lingua e berra nomes de mulleres. ameacemos aos nosos veciños con notas en ramos de margaridas.
galicia e galiza poderían ser sitios distintos. escribamos co cóbado os nosos desexos na area mollada.
deixemos todo. paremos. vaiámonos lonxe de nós mesmos. sexamos o resto do mundo. engrandezamos a nosa lenda. sexamos todo aquilo que queiramos non ser.
este é o manual da destrución.

*Capa do libro de Ales Cea Riveira

Blog personal Samuel L. Paris
http://pararaparis.wordpress.com/
http://twitter.com/pararaparis

No hay comentarios:

Publicar un comentario