jueves, 27 de septiembre de 2012

Anda-lh'à Lus - Alívios Espirituães (2012)


  1. Bocois nos Ancares
  2. Allegreto in the Guetto
  3. A.R.M.D.(D.M.R.I.)
  4.  Blues de Boimorto
  5. Pregho do Conteiro
  6. Encamariñarse (German)
  7. Ler a Bakunin pola noite
  8. Mesom do Bento
  9. Rixolo 
  10. Hosanna
  11.  Plantas carnivoras no Xistral
  12. O Codex Castanea
  13. Sile na Gcioch
  14. Piso de Lugho
  15. O canitrote do Santo Andre
Titulo:  Alívios Espirituães
Autor: Anda-lh'à Lus
Ano: 2012
Estilo: Electronica
EP/LP: LP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 262 Mb

Non somos un "proxecto", nin somos Djs, nomes típicos cos que se adoita encaixonar á música electrónica. Tampouco a nosa música é totalmente de discoteca nen pretende selo. Hoxendía, e máis aínda na Galiza, semella que as case únicas músicas que hai ademáis do folk que adoramos, son o punk e o ska con abraiante maioría, seguidos do hip hop, reggae e o metal extremo. O electrónico asóciase exclusivamente ao dance, house, e aos DJs ou remixes é polo tanto aos ámbitos das salas e locais ou festas "Rave" sen salir case nada delas. Mesmo músicos folk como Budiño foron duramente criticados por usar partes electrónicas nos directos, cousa que só é posíbel pola escaseza de miras que ten moita xente.

A nosa música baséase un pouco na tradición (de feito usamos frautas e gaitas nalgún tema), usamos tamén instrumentos convencionais como a guitarra (no noso caso midi), o baixo e algunhas percusións ademáis dos sintetizadores, samplers e gravacións vellas de recolleitas como facían os portugueses "Sétima Legião" ou o mesmo Budiño. Os nosos artistas favoritos son: Recoil, Skinny Puppy, Front 242, Nine Inch Nails, Depeche Mode, Antón Reixa, Mortiis, Projecto Trepia, Budiño, Berrogüetto, Aviador Dro, SPK, OBK, etc. 
Pretendemos usar a retranca e o humor no tocante ás letras e verbas que aparecen nas nosas composicións. Eu son Xabier, vivo en Vigo, e o meu compañeiro chñamase Moncho e actualmente vive en Madride, pero é de Brión. Na única presentación que fixemos, tivemos tamén a compaña dun amigo chamado Diego que nos acompaña nas gravacións co baixo ou a guitarra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario