- Mazurca e carballesa
- Sin tron
- Home non me jotas!
- Fado
- Cabaceira
Titulo: Sin Tron nin son!
Autor: Pablo Seoane Grupo
Ano: 2012
Estilo: Folk
EP/LP: EP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 46,6 Mb
Ás veces as palabras non saen como un quere senon como queren elas. Traizoados polo subconsciente mais xoguetón e satírico, a nosa lingua nos transforma en improvistos humoristas atopando imposibles relacións entre palabras ou expresións que nada tiñan que ver entre elas. Estes nefastos erros da arquitectura lóxica da linguaxe soen sacar a gargallada mais sincera dos nosos amigos e xa de paso as propias vergoñas de quen os cometemos. E si!, ás veces quedan inmortalizadas na memoria dun colectivo de persoas que compartion esa circunstacia, repetindose sin compasión , sen descanso en cada ocasión -coma letra dun himno identitario e martirizante- ata que co paso do tempo apenas logra esquecerse. Sin xeito, sin sentido, ou “sin tron nin son”?Sin tron é o xeito popular de denominar a aquel medicamento que cada vez forma parte de mais vidas sosténdoas no tempo… Axiliza e impide o atasco do coágulo no noso sistema arterial. É, sen embargo, motivador de tremendas colas nas recepcións de hospitais comarcais da nosa terra. Logo, o Sin tron é socializador! Axuda á xente a reencontrarse, a compartir miradas, posicións, paciencias, resignacións e gañas de vivir…Se este medicamento soara, soaría a Pablo Seoane Grupo. Se Pablo Seoane Grupo sanara, cuararía do mesmo ca este medicamento -salvando algunha contraindicación adicional-.
No hay comentarios:
Publicar un comentario