- O teu corpo pide jerra
- Xira Funeraria
- Asi nos vai
- Piccolo (vas de verde)
- Eu mato por ti
- Suisidarse
- Non sei que
Titulo: Hostias para todos
Autor: Terbutalina
Ano: 2012
Estilo: Punk
EP/LP: EP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 22 Mb
Hostias para todos é
o novo traballo da Terbutalina. Gravouse a comezos do 2012 en Portugal en
cuestión dunhas horas e reflicte o son do grupo: sinxelo e sucio. É, tamén, o
primeiro traballo da Terbutalina coa súa actual formación, de cinco membros. As
composicións continúan na liña do gastropunk amosado no Broncodilatador, o seu primeiro LP.
O
que é non ter vergoña…
Terbutalina
A Terbutalina nace no
incentro entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no
2010. Ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en
se xuntar, tirar para adiante e elaborar unha recua de temas a medio camiño
entre o rock de garaxe, o punk e outros sons.
En 2011
lanzan o seu traballo de presentación Live in Catoria que recolle 8 temas dun
concerto perpretado en Catoira (de aí o nome, tampouco é cuestión de romperse a
cabeza).
Meses
despois viaxan até L.A. para gravar o que será o seu primeiro LP de estudio
Broncodilatador. Un disco con 15 racións de gastropunk e música de
diferentes estilos sempre baixo a premisa “mellor arriscarse e que rompa”. Até
que o álbum saia á luz (coma se dun feto se tratar), sacan un EP para ir abrindo
boca e pernas titulado Que-de-leite! con 3 temas dese futuro LP
dispoñible para libre descarga.
Os 15
temas do Broncodilatador son unha pequena mostra do variado da súa
aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formación nos diferentes
concertos que teñen ofrecido ao longo da xeografía galega, nos que mesturan
diversión, velocidade e empanada.
Na
primavera de 2012 ve a luz un novo EP gravado en Portugal baixo o título
Hostias para todos. Este traballo contén sete temas directos e
sucios nos que mesturan estilos, sachadas á altura dos xeonllos e cabezadas na
nuca. O sexto corte do disco, “Suisidarse”, conta tamén
cun videoclip dirixido por
Lucas Nadal(director de vídeos para grupos como Ataque Escampe ou Samesugas).
Ademais
deste lanzamento, tamén colaboran cun tema no recopilatorio Galician Bizarre
II, que recolle cancións de até 18 bandas.
E despois?
Pois non parar de tocar, que para apalancarse hai tempo a
jodelo.
Bailen,
hostia! Bailen!
Membros
Migui:
guitarra e voz
Mon:
guitarra e coros
Samuel L.
París: baixo e coros
Brais:
teclado e coros
Carlos:
batería
Sites
BandCamp: http://terbutalina.bandcamp.com/
Blog: http://terbutalina.blogaliza.org/
Facebook: http://www.facebook.com/terbutalina
Twitter:
http://twitter.com/Terbutalina
MySpace: http://www.myspace.com/terbutalina
Contacto e contratación
Contratación: 627 252 898
Contacto: aterbutalina@hotmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario