jueves, 24 de febrero de 2011

Os Royalties - Sen volta atras (2010)

Os Royalties - Sen volta atras (2010)

1.- Predicador blues
2.- Sen volta atráis
3.- Bipolar
4.- I want your love
5.- On the rocks
6. -
Aboryginal
7.- Atila
8.- Fan do rockandroll
9.- Bola de can
10.- Vaca


Titulo: Sen volta atras

Autor: Os Royalties

Ano: 2010

Estilo: Rock
EP/LP: LP
Audio: 256 Kbps

Tamaño Arquivo: 31,57 Mb

No verán de 2006 comeza a andadura musical deste power rock trio en Santiago de Compostela, nacen os ROYALTIES. Non falta entre os seus membros experiencias musicais anteriores, Dani (Guitarra e voces ex - Redullos), Miguel (Batería ex - Fulanas) e Soni (Voz e baixo ex -Redullos).

os tres componentes da banda coinciden en que a xente necesita máis rock’n’roll para darlle emoción o seu delirante día a día, así despois de moitos concertos e festivais por Galicia e norte de Portugal deciden meterse no estudio e gravar o seu primeiro EP “Quero Rock’n’Roll” (Producido e distribuido por eles mesmos) que leva o mesmo nome que un dos seus temas máis exitosos.

Explosións de son, rifs vertixinosos, sacudidas decibélicas e melodías que che deixarán afónico, conforman a suma das influencias das bandas do rock escandinavo, británico e xurásico ( Hellacopters, Gluecifer, The Hives, Samesugas, Street Fighters) dos últimos tempos fluindo a través dunha espiral de tonalidades viscerais que desembocan nun trío case automático que soan a todo gas.

En febreiro de 2008 editaron o que sería o seu primeiro CD-EP “Quero Rock & Roll”, e actualmente están a piques de sacar o segundo, un CD con catro temas que verá a luz no mes de abril de 2009 co títullo de “Avance da nova temporada” que inclúe unha canción, As Cruces que como os mesmos Royalties din e unha auténtica rareza, e se non, xulgade vos mesmos ao escoitala.

En outubro do 2010 publican o seu primeiro CD-LP “Sen volta atrás”, gravado en Cedeira nos estudios Aboryginal Records, con Gerardo Calvo e coa colaboración na producción de Dani Blanco, no que se recollen un total de dez temas concentrados na base do rock & roll, coas colaboracións de Paco “Mezcales de San Antonio e armónica en Bipolar”, Mike Trompy “ trompeta en I want your love e Vaca”, Aitor Alkorta “teclados en I want your love”, Valentín “trombón en Vaca e I want your love” e como non podería ser doutra maneira, fieis a súa tradición, remata cun tema instrumental.

Actualmente a banda atópase en proceso de reestructuración coa incorporación de Fedello guitarra de “Ultima sacudida” e Lucas batería de “Dixie town”.

O espectáculo continúa.

Membros do grupo:

Sony: Voz e baixo.

Fedello: Guitarra e coros.

Dani Weyner: Guitarra e coros.

Lucas: Batería e coros.


Contacto

myspace.com/osroyalties

Tlfno: Sony: 670245170

Dani : 655052738

No hay comentarios:

Publicar un comentario