martes, 21 de septiembre de 2010

Esquios - Galician Carraxe on Garaxe (2010)


1.- O aerosol.
2.- Berto Habichuelo.
3.- E ti riste de min.
4.- Axuda humanitaria.
5.- Noite Meiga.
6.- Lobos de mar.
7.- Hedonismo.
8.- A lapa festeira.
9.- O samaín.
10.- Saberes.
11.- Roc-an-rol.
12.- Unha merda para min.

Titulo: Galician Carraxe on Garaxe
Autor: Esquios
Ano:2010
Estilo: Rock
EP/LP: LP
Audio: 256 Kbps
Tamaño Arquivo: 32,6 Mb


A banda de punk-rock-garaxe, Esquios, preséntanos o seu 4º disco: Galiciain Carraxe on Garaxe
Está editado en formato CD e en formato LP.
O Lp é realmente o ideal para escoitar este traballo e pode pedirse a esquios@esquios.com por so 15 € (gastos de envio incluidos), tamen se pode mercar en Discoprecio de Compostela. O formato Cd pódese atopar en calquera tenda de Galicia.
O disco foi grabado nos estudios Matalobos Son nun par de dia e cinco de masterización e mestura. A maioria dos temas están gravados en directo (bateria e guitarras) con diversos engadidos adicionais.
Esta vez, e co obxetivo de acadar o son buscado, utilizaron técnicas de gravación usadas polos grupos de garaxe de finais dos 60. O resultado foi xusto o que buscaban: Guitarras potentes, baterias reais coma a vida mesma, baixo atronador e voces saturadas. GALICIAN CARRAXE ON GARAXE
Acadando o son garaxeiro, puro e directo que buscaban e que comezaron a perfilar no anterior disco (podedes atopar os seus anteriores traballos nesta web) e homenaxean a bandas coma The Cramps e The Stooges

En resumo, este é o son co que hoxe se identifica Esquíos, punk-rock-garaxe en galego… Como eles mesmos nos comentan: "unha vez acadado o son que procurábamos, e satisfeitos con el, seguramente seguiremos dando pasos en pos de novas metas, quen sabe!!".
Contacto:
www.esquios.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario