jueves, 17 de abril de 2014

Rastreros - A piñon fixo - A golpe de pixo (1996)


  1. Aquesta terra
  2. Pandeirada Salvaxe
  3. Vida de Xan
  4. Cerebro proletario
  5. Rozando nos toxos
  6. Kristo jipi
  7. O sacristan de basan
  8. Hate Song
  9. Jonhy Caraperro
  10. O Porco de pe
  11. Tractorada
  12. The jet (a) set
  13. A da vaca (flaca)
  14. Fuches tu

Titulo: A piñon fixo - A golpe de pixo
Autor: Rastreros
Ano: 1996
Estilo: Punk
EP/LP: LP
Audio: 160 Kbps
Tamaño Arquivo: 33,7 Mb

Despois do estrepitoso fracaso na súa tentativa  de dominar o mundo e someter á humanidade aos desvaríos da súa vontade, a banda retirouse de novo aos infernos onde permaneceu oculta durante moitos anos. Durante todo este tempo, os seus membros rexentaron  unha taberna no Averno que tivo grande éxito nos círculos de prestamistas e banqueiros así como no de predicadores pederastas, xa que alí achaban alivio ás duras xornadas de tormento ás que eran sometidos. O local chegou a ser moi famoso no erebo debido a un exquisito viño de misa obtido por medio dun estraperlista, outrora papa de grande renome, que era asiduo das tapas de tripón e das partidas de escoba que tiñan lugar na taberna.

Toda esta boiante situación foise a pique ao inaugurar nas proximidades do local un lupanar.  O negocio era propiedade dunha sociedade formada por Sadam Hussein, Alí o Químeco e varios ex-presidentes dos EUA e fora creado coa idea de dar conforto aos soldados norteamericanos que irían chegando de todo o planeta.  Moi pronto o ambiente no barrio volveuse insoportábel xa que a soldadesca era fonte continua de disputas, ruídos e botellóns até altas horas, co que as redadas comezaron a ser habituais, e a selecta clientela da taberna liscou a fumo de carozo sen deixar rastro, levando á quebra tan frutífero negocio.

A necesidade e algunhas débedas de xogo con varios monarcas e príncipes, provocaron que a banda tivese que fuxir das caldeiras de Pedro Botero. Conseguírono grazas a unha caixa de licor café caseiro que salvaron do local, e que serviu para subornar ao porteiro do averno para que os deixase pasar ao reino dos vivos.

De novo na súa aldea e perigosamente aborrecidos, inauguraron unha seita satánico-capitalista que practicaba un ritual de bico negro á cabra da lexión.  Nela ingresaron numerosos financeiros  do mundo da banca e de fondos de capital-risco inmobiliario, ávidos de obter os favores do ánxel das tebras para o seu lucro persoal. Así as cousas, a obra conseguiu o maior dos éxitos  para os tebrosos negocios dos seus devotos.  Pero un dos compoñentes do grupo deixou grávida a unha curmá de Belcebú e deuse á fuga. O enfado do maligno foi de proporcións bíblicas. Arruinou a todos e cada un dos numerosos adeptos que militaban na seita ao longo e ancho do planeta, e moitos deles acabaron no cárcere. Os membros da banda escaparon e desperdigáronse polo monte. Porén o Diaño, que non para, non dubidaba en prender lume e calcinar calquera monte galego en que sospeitaba que se ocultaban os responsábeis da súa ira.

Pero o tempo, que todo o cura, e a casualidade, fixeron que todos eles (Diaño e Rastreros) coincidisen hai pouco nunha das actuacións que daban nas orxiásticas festas organizadas por un coñecido presidente europeo. Foi o mismísimo cavalieri o que intermediou e tranquilizou os ánimos. Alguén abriu unha garrafa de augardente e, sete botellas máis tarde, cantarruxaban todos xuntos temas míticos do seu primeiro e único disco. Temas como "O  sancristán de Basán", "Puta Gunilla" que era o preferido de Silvio, ou "Kristo jipi" en que fai ben tempo, o mismísimo Mefistófeles participara na gravación dos coros.

Os obxectivos actuais do grupo son agora un misterio, polo que calquera cousa cabería esperar. Mais segundo se rumorea polos baixos fondos o seu directo non vai defraudar a ninguén que non se defraudara xa con anterioridade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario