viernes, 27 de abril de 2012

Stay Pretty - Stay Pretty (2003)


  1.  Unusual
  2. She Comes
  3. Overture in Pt-18
  4. Invitation
  5. Fine Girl
  6. Grey Sky
  7. Better day 
  8. See the light (the best of the west)
  9. Selene 
  10. Like a mouse
  11. The Crypt
  12. While
  13. Scalextric
  14. Ottawa callin´pekin 
Titulo: Stay Pretty
Autor: Stay Pretty
Ano: 2003
Estilo: Rock
EP/LP: LP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 31,5 Mb

 Rock'n'roll que emana dende o corazón, e mesmo dende máis abaixo. Apaixoados, enérxicos e divertidos. Son a reincención do Power Trio. Son o grupo que sempre quixeches e que nunca te atreviches a montar. Son Stay Pretty.

Tomando influencias moi diversas como Dr Feelgood, Jimi Hendrix, The Who, Jon Spencer, Deep Purple e The Stooges, conseguiron construír un estilo moi persoal, ás veces clasificado como rock multifuncional, pero as etiquetas non poden establecer estilo preciso no que visceralidade e a contundencia se xuntan a un certo sentido anárquico e libre para interpretar o rock.

Formada a banda a mediados do 00 en Compostela, comezan a tocar o seu propio material dende a súa creación, aproveitando a vea compositora de Javi, guitarrista e cantante prolífico, pasando algunha versión do clásico R & B e pop para o seu guitarreo caleidoscópico. Con Carlos (baterista esencial) e Roi (o último en chegar) no baixo. comezan a tocar en case todos os locais da cidade e gravan unha maqueta que fai espertar filias e fobias. Isto lles permite proxectarse cara fóra do ambiente local e ter a oportunidade de participar no concurso para novos talentos de Vilagarcía, levándose o premio gordo, e co cal, financian o seu primeiro e homónimo disco, gravado nos estudos Fábrica de Luz de  Compostela.

No disco continúan co seu son cru, ampliando o seu espectro musical e incluíndo cortes que van dende o garaxe ao "noise", pasando polo funky ou medios tempos máis intimistas. Na gravación participan músicos coma Piti Sanz, Sandra Camalea ou Jose Deus.


Stay Pretty son:  
Javi  - Guitarra e Voz
Roi  - Baixo
Carlos - Bateria

No hay comentarios:

Publicar un comentario