jueves, 10 de marzo de 2011

Medra - Polas Lameiras (2010)

Medra - Polas Lameiras (2010).rar

  1. Medrando
  2. Chove sobre ti
  3. Non te raies
  4. Estache a mentir
  5. Cálense
  6. Pesadelo
  7. Pra poder cambiar
  8. Hoxe non
  9. El Elegido
  10. Chove sobre min
Titulo: Polas Lameiras
Autor: Medra
Ano: 2010
Estilo: Ska
EP/LP: LP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 44,5 Mb

Medra nace en Vigo (Galiza) coma un proxecto de música reggae, ska e demais ritmos xamaiquinos pero sempre cun punto de vista diferente. O proxecto Medra esta conformado por Jose que se encarga da gravación de todos os instrumentos, voces, programación, son e produción así como do deseño gráfico.
Jose no ano 2005, tras varios anos tocando en diversos grupos decide aventurarse individualmente no proxecto Medra.

A idea xorde do gusto polo reggae acústico, especialmente da música feita polos franceses Tryo. Desta forma Medra nace inicialmente como un proxecto de reggae acústico, entre os anos 2005 e 2006 grávase de forma caseira unha demo chamada "Sopas de burro canso" que non chegou a ser editada.

No 2007 prepárase un singre inicialmente en acústico chamado "Sinxelo" que finalmente será modificado para instrumentación eléctrica e tradicional en reggae roots ao contar coa colaboración na batería e na percusión de Brais Calles (Orfos, Descent...).
Este singre editarase e distribuirase de modo auto producido por Medra no ano 2009 a través de diversas páxinas de Internet.

Tralas boas críticas e a boa acollida, Medra decide facer unha recompilación de longa duración. Iníciase así a preparación do álbum "Polas lameiras" durante o 2009 e o 2010. Desta vez Jose encárgase de toda a instrumentación e programación así como do son e a produción.

Gravado nos estudos Oubeo Estudos Musicais sae editado pola produtora e selo discográfico/netlabel Noiseu Produccións.


Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario