jueves, 25 de octubre de 2012

Familia Caamagno - Familia Caamagno (2012)


  1. O ritmo da caverna (Altamira on my mind)
  2. Fodín cos pés no río
  3. Non volvas máis
  4. Ringo Starr
  5. Perdoa
  6. Se magnan chove
 Titulo: Familia Caamagno
Autor: Familia Caamagno
Ano: 2012
Estilo: Rock
EP/LP: EP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 46,1 Mb

 Dende a Galiza máis profunda e remota chega a Familia Caamagno disposta a manter e perpetuar as súas raíces italoamericanas. Mesturando o garaxe, o blues, a empanada de pulpo, os spaguetti bolognesa, a proba dos rixóns, o rhythm and blues, o punk, o sexo nas obras, a hixiene persoal e a extorsión con swing, pretenden facer bailar a todos os que se acheguen ás súas galas. Aínda que non queiran.



Gravado e mesturado nos estudos Rapapoulo en Abril do 2012.
Masterizado en Abrigueiro Estudios.

Familia Caamagno son:
Toni Caamagno - Batería e coros.
Lano Caamagno - Guitarra baixa.
Francesco Caamagno - Guitarra de ritmo e coros.
Jess Caamagno - Guitarra de punteo.
Manuele Caamagno - voz e saxofón.






Contratación e Extorsión:
629 041 750
familiacaamagno@gmail.com

jueves, 18 de octubre de 2012

Drinkin´tinto - Colleita Propia (1999)


  1. A nosa canción
  2. Colleita propia
  3. Rasura o bijote
  4. Malas linguas
  5.  Ai, Ai, Ai...!!! o que nos espera
  6. Dulce pirica
  7. Par de banderitas
  8. As tuberias do jas
  9. Aghraria family
  10. Corrupsión na esclavitud
  11. Ceibe
Titulo: Colleita Propia
Autor: Drinkin´tinto
Ano: 1999
Estilo: Rock
EP/LP: LP
Audio: 192 Kbps
Tamaño arquivo: 35,3 Mb

O nome Drinkin'tinto (bebendo viño tinto), xurdiu da idea de cinco colegas que se reunían continuamente para beber kalimotxo e cervexa polas tardes, na Casalonga, no concello de Teo. Despois de varios anos de experiencia alcoholica pensaron en formar un grupo rock. O resultado foi Drinkin'tinto.

DRINKIN'TINTO formouse nos meses de nadal do ano 1996 - 1997.

A súa formación estivo composta por:

Deví: Voz
Markos: Guitarra 1
Barca (guitarra 2) e posteriormente Luis Fortunez
Charlie: Baixo
Arturbo: Batería

O seu primeiro disco titulouse "Colleita propia" e foi producido por Galiza-up Récords en 1999.

O segundo disco titulouse "Lei do Botellón" , producido por Drinkin´ Tinto e Edicións do Cúmio no 2002.

No ano 2003 disolveuse o grupo trala perda dun dos seus integrantes. Posteriormente iniciáronse novos proxectos musicais como Medomedá e Clan Deví, e actualmente seguen colaborando en novas aventuras musicais realizando canda certo tempo concertos-aniversario da creación da banda. Este ano cúmprese o 15º aniversario e os Drinkin' celebrarano na feira do San Martiño, coa rodaxe do videoclip "Falta FAi" o himno informal do San Martiño http://www.verkami.com/projects/3224-falta-fai-o-novo-videoclip-de-medomeda-e-devi

jueves, 11 de octubre de 2012

Labazada - Poderei Continuar (2012)


  1. Trabucado
  2. Inocente Dictador
  3. Afasta
  4. Decepcion
  5. Deixamolo Asi
  6. Poderei Continuar
  7. Tabrucado Remix
  8. Fauna Tropical
Titulo: Poderei Continuar
Autor: Labazada
Ano: 2012
Estilo: Metal/ Hipercore
EP/LP: LP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 46 Mb

-->
Este cd foi grabado e mesturado nos estudios Acasa do Rock no mes de Maio do ano 2011 por Crecho e Mou, e é o froito de máis de cinco anos de ensaios, garimbas ,directos , e sobre todo moitas gañas e ilusión .
Núns tempos tan críticos foi doado dar coa inspiraxión pra facer os temas, pero índa que todo fora mellor non faremos nunca cancións de amor.
Nel colaboran Tito de Deseqilibrio Mental nos temas Inocente Dictador, Trabucado e Deixamolo asi, e mais un remix de Kaze do tema Trabucado.

jueves, 4 de octubre de 2012

4Waves - The First Ride (2012)


  1. Plan B
  2. Dark Waves 
  3. Stinky Toffu
  4. Sands in your pants
  5. Small brain, big waes
  6. Resaca
  7. Vulcano
 Titulo: The First Ride
Autor: 4Waves
Ano: 2012
Estilo: Rock-Surf
EP/LP: EP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 34 Mb

4WAVES atopou a combinación perfecta entre Hawaii e as Rias Baixas, entre o sol e os días de temporal, entre a praia e a festa, entre o surf e o rock. Os ritmos rockeiros máis surfeiros e cachondos da costa do sur galego, que farante mover o esqueleto sen parar ata romper as vértebras!
Somos o mellor revolcón que te pegaches, a batidora mais larga soportada, o tubo máis largo que corriches. Oh, si! A reverb farache temblar a ritmo da caixa da batera ata que salga o sol en series de minuto e medio que te deixarán sen alento. Non habrá parafina que suxete os teus pes cando a guitarra empece a soar e o baixo marque a remada a ritmos de vértigo!